cunca

Recipiente cóncavo con ou sen asas, de distintos materiais, para tomar líquidos.

Etimoloxía

Considérase que a orixe está no latín conca –ae ‘cuncha’, tomado do grego.

Exemplos *

“Carlos eleva a cunca para apurar as últimas pingas de café e, logo de pousala, acrecenta con determinación, non vin aquí para che facer un repaso da folla parroquial, como comprenderás ...” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

“Mentres lle ofrecía nunha cunca un grolo de leite mesturado con mel, agarimouna cun sorriso que aliviou o seu abatemento.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.