cunchas

 Instrumento musical formado por un par de cunchas de vieira que se tocan unha contra a outra.

Etimoloxía

 En latín existía a palabra concha, de orixe grega, pero a forma nosa herdámola do diminutivo latino conchula.

Exemplos *

“Como as cunchas son un instrumento musical, de amplo uso na música popular, as cantigas soen xogar co dobre significado de "tocar as cunchas".” (Xosé Ramón Mariño Ferro: O sexo na poesía popular)


“… empezaban falando, logo tamén bailaban ó son dunha lata de sardiñas baleira, unhas cunchas e unhas culleres que tocaban tres mulleres, "e como termo, apágase o candil ou gancio e os mozos collen coas mozas licencias das que elas se defenden pondo o fuso cara ó mozo".” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.