currículo

Conxunto de elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas

Etimoloxía

Palabra culta de procedencia latina curriculum, -i ‘hipódromo, lugar onde se corre’.

Exemplos *

“Hoxe, a educación sexual considérase como unha parte esencial no currículo escolar.” (M.A. Laxe Freire: O Correo Galego 06-02-1996)

“O teatro, ademais dun fin en si mesmo, é un bo instrumento pedagóxico para calquera etapa educativa e material útil para calquera currículo.” (Xosé Carlos Couceiro, Ánxeles Cuña Bóveda, Fernando Dacosta e Begoña Muñoz Saa: Tics, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.