defender

Facer que algo ou alguén non sufra prexuízo ou dano

Etimoloxía

O de- inicial expresa a idea de separación, pois defendere en latín significaba ‘afastarse do inimigo’

Exemplos *

“Estando presente el, respondía por aquel desvalido corpo delgadiño, se había algo, el puña o seu peito, xa daquela peludo, os seus puños forxados na dureza do fillo dun carpinteiro. Cantas veces se colocou no medio para o defender?” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2013)

“… as ribeiras dos nosos ríos e regatos serven de alimento e refuxio a cantidade de especies animais. Constitúen, polo tanto, un espazo de enorme valor ecolóxico que debemos defender das constantes agresións ás que son sometidas.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.