desintoxicación

Tratamento destinado a curar unha intoxicación producida por substancias tóxicas ou a suprimir o hábito de consumilas.

Etimoloxía

Deriva de desintoxicar, e na base desta está tóxico, procedente do latín toxicum –i ‘veleno’, de orixe grega.

Exemplos *

“Están preocupados e artellan un plan para convencelo de que viaxe a Suíza e intente un novo tratamento de desintoxicación.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul)

“… pódese apurar moito o proceso de desintoxicación esforzándonos ó mesmo tempo en pensar dunha maneira positiva.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina popular natural e caseira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.