diadema

Fita, aro ou banda que se utiliza para adornar a cabeza ou suxeitar o cabelo cara a atrás.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, se ben é unha forma procedente do grego diadema, –atos, onde se formou combinando diá 'arredor' e déo 'atar'.

Exemplos *

"É loira, coa melena solta, fixada só por un discreto diadema de perlas, con brincos e colar a xogo." (M. Lourenzo González: Noites de papel)

"Precisamos do diadema da avoa porque quere lucilo na festa de aniversario." (Jaureguizar: Cabaret Voltaire)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.