discriminación

Acción de discriminar.

Etimoloxía

Cultismo que deriva do latín discriminatio, –onis 'separación'.

Exemplos *

"Outras características do comercio xusto son o respecto polo medio ambiente á hora de producir e a erradicación do traballo infantil ou da discrimianción sexual ou racial." (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel)

"A cobertura debe ser pública e gratuíta para evitar as desigualdades, porque do contrario haberá, ademais dunha discriminación por razón de xénero, unha desigualdade por razón de clase." (Olalla Rodil: Sermos Galiza 19-10-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.