diversidade

Carácter do que é diverso

Etimoloxía

Termo culto que vén do latino diversitas, -atis ‘diferenza’ ou ‘variedade’.

Exemplos *

“Este ritmo vertixinoso de morte lingüística ten sido comparado á devastación ecolóxica: o ser humano recoñécese coma o principal axente da perda da diversidade biolóxica e cultural” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)

“Unha explotación sustentable do ecosistema que crea ocupación e riqueza, diversidade biolóxica e cultural e, mesmo, belas paisaxes.” (Javier Cremades Ugarte: Acuicultura multitrófica integrada. Unha alternativa sustentable e de futuro para os cultivos mariños en Galicia, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.