docente

Que ten como profesión a ensinanza

Etimoloxía

Procede do participio latino docens, -entis que deriva do verbo docere ‘ensinar’.

Exemplos *

“Sen dúbida, don Elías Pérez Martínez poder ser considerado o docente máis singular do XIX vigués.” (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós, 1991)

“Ao ver que o neno se desmaiaba, os docentes do instituto mobilizaron os servizos médicos dun centro sanitario próximo” (Axencia: De Luns a Venres 08-02-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.