doente

Que sofre algunha doenza ou enfermidade.

Etimoloxía

Evolucionou desde o latín dolens –entis ‘que se aflixe’, participio do verbo dolere ‘doer’.

Exemplos *

“O protagonista era un ancián que percorría centos de quilómetros montado nunha máquina de cortar o céspede para visitar o seu irmán doente, co que levaba anos incomodado.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“Aprendín a sandar cos símbolos, e a buscar no doente a causa do mal que o aflixe, que teño para min que moitos se envelenan con substancias que produce o propio corpo ...” (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.