dorsal

Cadea de montañas submarina

Etimoloxía

Procedente do latín medieval dorsalis, que bebe do clásico dorsualis, -e ‘que está nas costas’.

Exemplos *

“Polo tanto, neste lugar pódense atopar rochas que se forman a varios quilómetros de profundidade nas dorsais oceánicas” (Óscar Pazos: Galicia e o mar. Xeografía e historia do mar galego, 2001)

“Así o grosor da litosfera oceánica vai aumentando a medida que nos arredamos da dorsal.” (Xoaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de oceanografía e bioloxía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.