duna

Monte de area formado pola acción do vento nos desertos e nas praias.

Etimoloxía

Parece que esta voz procede do neerlandés dunen, formada a partir do latín dunum ‘outeiro’, que nos puido chegar a través do francés (dune).

Exemplos *

Viuno no momento en que coroaban unha pequena duna que fai alí a praia ocultando o resto." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)

Deixou a frase colgada do aire, alancou duna abaixo cara á beira do mar e perdémolo de vista entre as corgas dos outeiros de area." (Xaime Domínguez Toxo: Contos da baiuca)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.