edafoloxía

Ciencia que estuda as propiedades do solo e a súa relación cos seres vivos.

Etimoloxía

Parte do grego edaphos, -ous ‘solo’ co sufixo loxía ‘ciencia’.

Exemplos *

“A edafoloxía ocúpase do coñecemento integral do solo, analizando os factores do medio que condicionan a súa aparición e desenvolvemento, os procesos físicos e químicos que nel se producen, a natureza e organización dos seus compoñentes …” (Fernando Lahuerta Mouriño e Nicolás Lucas Domínguez: Itinerario Xeolóxico no Norte de Galicia)

Catedrático de Edafoloxía e Química Agricola da Universidade de Santiago, Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Vilagarcía de Arousa, 1941) é dos que teñen claro que os problemas ambientais lle afectan a todo o mundo, pero cada sociedade e cada cultura reaccionan ante eles de xeito diferente. (Perfecto Conde: A Nosa Terra 21-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.