electrólito

Substancia condutora, en estado líquido ou disolución, que contén ións e deixa pasar facilmente a corrente eléctrica para efectuar a electrólise.

Etimoloxía

Formouse pola combinación dos elementos de orixe grega electro ‘electricidade’ e lito ‘pedra’.

Exemplos *

“É necesario para o organismo, aínda que só en pequenas proporcións, posto que o seu exceso provoca desequilibrios entre os electrólitos dos líquidos corporais. O moito sodio retén a auga e fai subir a tensión arterial.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

“… un electrólito fundido é condutor e neste caso só estarán presentes os seus ións que serán, logo, os que se descarguen na electrólise.” (Antón Castelo Santaballa: Temas de química)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.