emprender

Empezar a facer con decisión unha cousa que pode presentar certas dificultades

Etimoloxía

Suponse que vén do latín *imprehendere ou impraehendere 'tentar executar unha tarefa'.

Exemplos *

“Son consciente de que non hai tempo para levalo á Coruña, como antes pensara, e sería unha imprudencia temeraria que fose connosco durante a longa travesía que imos emprender.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Entre todas as misións que Dieste emprendeu nesta primeira etapa a máis longa foi a galega, uns catro meses nos que tivo ocasión de coñecer persoas de tanta relevancia posterior no país como Ramón Piñeiro, Lorenzo Varela ou Ánxel Fole.” (Arturo Casas: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.