encetar

Empezar a cortar ou a gastar dunha cousa que está enteira

Etimoloxía

Palabra que chega desde o termo latino inceptare, ‘comezar’ ou ‘emprender’.

Exemplos *

“E esperou a ficaren sós para encetar a botella e unha confesión que Suso Paradela xa sabía.” (Antón Rivero Coello: Homónima, 2001)

“Apuxo as vacas -a Castaña e mais a Gallarda ao arado romano de pao de freixo e encetou a leira pola cima para que a terra non se fose indo cara a abaixo, para o fondo do beiril, que as cousas ben feitas ben parecen.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.