enfesta

Costa que descende a un fondal.

Etimoloxía

Procede do latín infestus –a –um que significaba en principio ‘hostil’ e, por aplicalo a armas como as lanzas, pasou a ser tamén ‘levantado’ ou ‘dereito’.

Exemplos *

“Mantivémonos firmes nas nosas pretensións, argumentando, cousa que era certa, que o devandito campo, ao que lle era alleo o concepto de horizontalidade, viña sendo unha enfesta incompatíbel coa práctica do deporte.” (Víctor Vaqueiro: Os xenerais de África)

“Quizais a imaxe do vello das brancas barbas camiñando descalzo pola enfesta abaixo sexa, na opinión do autor, máis plástica e non se pare a considerar se pode ou non ser certa.” (Paco Martín: Dende a muralla)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.