enfurruñar

 Pór de mal humor.

Etimoloxía

Proponse como orixe desta palabra o francés medieval enfrogner (‘poñer mala cara’), formado a partir de froigne (‘cara de mal humor’), procedente do galo frogna (‘ventas do nariz’).

Exemplos *

“Non foi así, zalapastrán, non foi así –enfurruñouse o Xaimiño – O burro non era burro, era unha aparición. Unha muller cuberta cunha saba branca. Eu escapei, claro que escapei.” (Alfonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)


“A tía Flora -de quen agora o vello profesor tiña unha idea moi vaga e confusa- morrera cando el tiña dez anos. Entón o seu único refuxio era a nai, que moitas veces se enfurruñaba co marido porque este tiña a teima de que Luís non o quería.” (Xosé Fernández Ferreiro: A cidade das chuvias)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.