enxerto

Planta ou árbore enxertada.

Etimoloxía

Deriva de enxertar, procedente do verbo latino insertare, formado a partir de inserere ‘inserir’.

Exemplos *

“Grupos de monxes departían sobre a herba, mentres outros repasaban recentes enxertos ou podaban os gromos inútiles ...” (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa)

“Outra cousa que tamén quero saber e se prenderon ben os enxertos que fixen nos abruños do fondal e se xa agromaron este ano, son de mazás camoesas.” (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.