epicentro

Punto da superficie terrestre que está situado en vertical ao hipocentro dun terremoto e onde se senten con maior intensidade os efectos deste

Etimoloxía

Palabra composta do prefixo latino epi- ‘sobre’ e o termo “centro”, que deriva de centrum, -i co mesmo significado.

Exemplos *

“O máis intenso tivo unha magnitude 3,4 graos na escala de Richter e o epicentro rexistrouse no concello de Triacastela.” (Redacción: De luns a venres 07-01-2013)

“Aínda que inicialmente os límites das placas se buscaron localizando os epicentros dos sismos, rapidamente púxose en evidencia que nestas podían existir tres tipos distintos de límites, son os denominados : límites diverxentes , converxentes e fallas transformantes.” (Xoaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de oceanografía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.