escalo

(Leuciscus carolitertii) Peixe de auga doce da familia dos ciprínidos, de corpo alongado, cabeza ancha e cor marrón agrisada con reflexos no dorso e amarela ou verdosa no ventre.

Etimoloxía

Chegou desde o latín squallus –i, que se aplicaba para outro peixe.

Exemplos

“... presentou unha moción para exixir da Consellaría de Medio Ambiente unha actuación inmediata para solucionar o problema de masivas repoboacións realizadas, onde se observan especies como escalos ...” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández: As bioinvasións na Galiza)

“O escalo pasou da cana ao prato, rebozado en fariña de millo e cun grato sabor ao que acompañaron tamén os pementos.” (Galicia Hoxe 04-08-2008)