escolástica

Fase principal do pensamento filosófico medieval desenvolvido desde a última época da patrística ata o século XVII.

Etimoloxía

Probablemente procede do latín medieval Scholasticus, que nace do latín scholasticus,i ‘escolar’, e este do grego scholastikós ‘que ten tempo libre para o estudo’.

Exemplos *

"Este argumento, que Platón admitía para as Ideas (Ben, Bondade…), chega ao discurso de Romero Blanco a través da escolástica, que o estende á totalidade das cousas concretas do mundo, e a vida éo." (Alfredo Iglesias Diéguez: O darwinismo e Galicia)

"E a súa filosofía abandonou o puro elemento narrativo bíblico pola argumentación da escolástica." (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.