escuadro

Instrumento, xeralmente de metal ou madeira, con forma de triángulo rectángulo, que serve para trazar e medir ángulos rectos.

Etimoloxía

Deriva do verbo escuadrar e, remontándonos máis atrás, ao latín quadrum, -i ‘cadrado’.

Exemplos *

Escuadro. Este aparello ten unha parte de madeira e outra de metal formando un ángulo de 90°” (Manuel Mariño del Río: A carpintería de ribeira en Porto do Son)

“Para comprobármo-la exactitude do escuadro de 90º axudarémonos dunha regra e unha superficie plana, sobre esta colocarémo-la regra e o escuadro axustándoo á mesma. Trazar unha liña polo bordo da á perpendicular á regra, vira-lo escuadro e trazar outra liña sobreposta á anterior, se o escuadro está ben as liñas teñen que coincidir.” (D. Castro Picos, X.P. González Moreira e X. Logilde Edrosa: Prácticas de mecánica)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.