esmorga

Diversión buliciosa e esaxerada

Etimoloxía

Orixe discutida; xógase coa hipótese de que proceda do termo latino amurca ‘bagazo da oliva’.

Exemplos *

“O Quilino era un home serio, de poucas palabras, de carácter acedo e nada amigo de esmorgas e troulas.” (Carlos G. Reigosa: Homes de tras da corda, 1991)

“Entón tentei eludir a miña asistencia a tan fraternal esmorga buscando irreflexivas desculpas, mais por non ficar a mal cuns e quedar a ben con outros , ao final comprometinme.” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.