espantadizo -a

Que se espanta facilmente

Etimoloxía

Derivado do verbo “espantar”, o cal provén dunha forma popular *expaentare, refeita do clásico expavere, ‘coller medo’.

Exemplos *

“Á parte de min, tentou por todos os medios facer amigos, pero a resposta foi negativa , espantadiza e mordaz.” (Xesús Manuel Valcarcel: O capitán lobo negro, 1995)

“Algún merlo espantadizo bateu polas silveiras e fuxiu por unha regaña do groso muro para saír ó exterior.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.