esteo

Pau que serve de soporte e apoio a algo.

Etimoloxía

Proponse como étimo o latín stylum ‘columna’.

Exemplos *

“-Isto é importante, certamente -seguiu Axá-, porque os gardas de seguridade son vitais para nós, son o noso esteo, a nosa durmida, a nosa paz.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela)

“Tocado por unha vertixe intolerable, Lucas perdeu o esteo e esmoreceu na herba á sombra dunha árbore véndose abocado a un soño que perpetuou a súa realidade.” (Antón Riveiro Coello: Airadas de palabras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.