estoque

Arma branca coa punta moi afiada, que pode levarse agochada no interior dun bastón.

Etimoloxía

Considérase que nos chegou a través do francés antigo estoc ‘punta da espada’.

Exemplos *

“Así que non tiña a espada a man, pero si un temíbel bastón. ¿Hai algo máis arrepiante que un neno perseguido por un toureiro rengo cun bastón de estoque?” (Manuel Rivas: Os libros arden mal)

“Polo visto don Juan levaba sempre un bastón de estoque ...” (Ánxel Fole: Á lus do candil)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.