estrela

Corpo celeste con luz propia.

Etimoloxía

Termo de procedencia latina stella, –ae que significa 'estrela', 'constelación' ou 'planeta'.

Exemplos *

"Ábre-la porta para ve-la Lúa e está o Sol con Sirius, a primeira e última estrela." (Gianni Segre: O Correo Galego 24-12-2000)

"Encontrármonos foi unha feliz coincidencia, probablemente o noso destino estea escrito nalgunha fugaz estrela que navega a vía láctea." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.