exercicio

Conxunto de movementos, variados ou repetidos, que se realizan co corpo para fortalecelo ou estar en forma.

Etimoloxía

Tomouse do latín exercitium –ii ‘exercicio’, ‘práctica’, derivado de exercere ‘facer practicar’, ‘exercitar’.

Exemplos *

“Entramos nun novo ano e, como case todos, formulamos novos obxectivos, novas propostas que levar a cabo. Unha das máis comúns consiste en apuntarse a un ximnasio para facer exercicio.” (Xurxo G. Ledo: A Nosa Terra 15-01-2009)

“Respirou a pleno pulmón, a verdade é que non me viría nada mal facer algo de exercicio, non pasear, un ximnasio, unha horiña de karate …” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.