falanxe

Cada un dos ósos que forman o esqueleto dos dedos, en particular, o que une o dedo á man ou ao pé.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero a súa orixe está no grego phalagks –aggos, que nun principio se aplicaba aos rodetes de madeira.

Exemplos

“Unha vez, había dous anos, Petra cortara a propósito a última falanxe dun dedo para coller unha baixa e poder ficar na casa co seu fillo pequeno que tiña pneumonía.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

“A bomba, oculta no sobre dunha revista, amputoulle o polgar da man dereita e varias falanxes dos outros dedos, ademais de causarlle feridas graves no ollo esquerdo e no oído.” (O Correo Galego 15-05-2002)