faldra

Parte inferior dunha montaña

Etimoloxía

Crese que podería chegar do franco *falda ‘dobra’, a través do catalán.

Exemplos *

“Camiñaron os catro polas faldras do monte, seguindo os pasos aínda frescos que deixaran os homes.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

“Abandonaran as súas prometedoras carreiras universitarias e montaran comuna en Hórreos, unha aldea na faldra leste da serra á que a emigración lle expurgara a carne” (Antón Lopo: Ganga, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.