faldriqueira

Peto que levaban as mulleres na parte interior da saia, ou ben solto atado á cintura, usado normalmente para gardar os cartos.

Etimoloxía

Formouse a partir de faldra, que probablemente se tomase dunha forma do fráncico *falda ‘dobra’.

Exemplos *

“Dalia sacou da faldriqueira unhas cadelas e convidou a Filo, que non aceptou o xeneroso ofrecemento da amiga a pesar do tentador atractivo de Vicente Parra.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda)

“Debaixo das saias a muller adoitaba agochar a faldriqueira, onde gardaba os cartos e outros obxectos de valor.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.