fardel

Saco pequeno

Etimoloxía

Procede do diminutivo do francés farde, ‘pano para envolver mercadorías’.

Exemplos *

“—¿E logo que botaches no fardel? Porque o fardel estar está cheio, dixo pra os outros, que pararon de rire e recuaron.” (Eduardo Blanco Amor: Os Biosbardos)

“A ilusión agromada durante o regreso quedou de socato aniquilada. Un fardel de dúbidas callou na miña cabeza.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.