faro

Torre alta situada na costa, provista dunha potente luz e sistemas acústicos, para guiar a navegación.

Etimoloxía

Procede do grego Pharos, nome dunha illa onde onde Ptolomeo I mandou erguer unha torre branca como unha guía para navegantes.

Exemplos *

“Chegamos a Fisterra, atravesamos a vila e tomamos a pista ata o faro, na saída da vila nunha capela vella que hai alí había unha voda ...” (Suso de Toro: Calzados Lola)

“A carón de monumentos como a francesa Abadía de Cluny ou a Acrópole de Atenas, o Faro de Fisterra, o máis visitado do continente, significou "un dos lugares míticos da antigüidade, no que os poboadores de Europa vían a fin da terra coñecida"” (Galicia Hoxe 20-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.