ferreñas

 Instrumento musical tradicional, formado por un aro de madeira no que van suxeitos uns pratiños metálicos que soan ao seren axitados.

Etimoloxía

Formouse a partir de ferro, voz procedente do latín ferrum.

Exemplos *

“A Pouquiña chega polo camiño da casa do Señorito e no arrimo do seu caxato de sobreira, coa pandeireta de ferreñas colgada do pescozo por unha baraza de coiro, busca desorientada as meniñas da xunta da resteba.” (Anxo Angueira: Pensa nao)


“Ó son da gaita e da zanfona, do pandeiro e das ferreñas, do chascarraschás das cunchas e do tambor do tamborileiro, canta e baila o pobo galego.” (Vicente Risco: Etnografía: cultura espiritual)


 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.