ferriños

Instrumento musical de percusión, formado por un triángulo de metal que se golpea con outro metal.

Etimoloxía

Deriva de ferro, que procede do latín ferrum.

Exemplos *

“… é usanza armar unha miga de baile, con pandeiro, pandeiretas, cunchas, ferriños e castañolas, os domingos e días de festa á tardiña, nun sitio xa axeitado.” (Vicente Risco:Etnografía: cultura espiritual)


“A Zanfona tócase dando voltas a un cilindro cun manubrio e pulsando unhas teclas que golpean as cordas. Coa zanfona entoaban as Gestas os xograres e, agora, os cegos, namentras o rapaz acompañante toca os Ferriños, triángulo metálico bateado por unha peza de ferro.” (Xesús Taboada Chivite: Etnografía galega, cultura espiritual)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.