fiadeiro

Reunión que se facía para fiar e que remataba con cantos e bailes.

Etimoloxía

Deriva do verbo fiar, que evolucionou desde o latín tardío filare.

Exemplos *

“Aquel ano, Misia quixera estar completamente soa na pousa, desde a sementeira do liño deica os días alegres e xeados do fiadeiro.” (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)

“Non gustaba das troulas de arrabalde, secuelas do fiadeiro aldeán, pois os veciños desta beira do río, agás os almacenistas maragatos, traían pegado ó corpo o olor a corte.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.