finado

Persoa defunta.

Etimoloxía

A partir de fin, procedente do latín finis, orixinouse finar, e de aí a forma finado.

Exemplos *

“Para que se saiba quén morreu, se é unha muller, antes de empezar danse dous toques de aviso seguidos: don-dán, don-dán, e comezas, pero se o finado é un home, dáselle outra máis.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

“… comentaban as xentes que só tiña a finada vinte e tres anos e eu rectifiqueilles, que non son poucos, que non hai muller de vinte e tres aínda louzá, que a vellez nos escorna as mulleres coas súas doenzas dende o berce.” (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.