flash

Feixe luminoso breve e moi intenso que permite facer fotografías cando a luz natural é insuficiente.

Etimoloxía

Este termo é un anglicismo que se considera creado por onomatopea.

Exemplos

“Viu por vez primeira en toda a súa vida que a morte dependía dun dedo, dunha aperta, dun cilindro de metal, dunha detonación, dunha chama que sería como o flash dunha cámara fotográfica que lle anunciaría a morte ...” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)

“Como unha fosforescencia, como o flash dunha cámara fotográfica a dispararse de improviso, a sorrinte imaxe da nosa visita da sobremesa cruzou diante da miña ollada.” (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)