floco

Porción de pelo que cae sobre a fronte.

Etimoloxía

Procede do latín floccus, –i 'guedello de la'.

Exemplos *

"Arturo ceibou unha gargallada e retirou o floco de cabelo da fronte." (Xavier Alcalá: Código morse)

"Acompañaba os movementos do ombreiro achegando a man esquerda ata a cabeza e botando o floco do cabelo para atrás, soprando de cando en vez." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.