foliada

Reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar

Etimoloxía

Vocábulo creado sobre a palabra “folía”, que vén do francés folie ‘loucura’.

Exemplos *

“Amigo de esmorgas, foliadas e outras troulas, o Pedriño adoitaba meterme nelas, xa que pese á miña inicial desavinza remataba indo sempre.” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)

“E empezaron a soar as gaitas, pois os mozos o que querían era foliada, que tamén para iso viñeran.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.