fotógrafo -a

Persoa que fai fotografías, particularmente a que se dedica a esta actividade de maneira profesional.

Etimoloxía

Deriva de fotografía, e esta componse cos elementos gregos foto ‘luz’ e grafo ‘escritura’.

Exemplos *

“Era unha fotógrafa da vida cotiá, dos temas ordinarios que, lonxe do que se pensa, é onde se producen os feitos máis dramáticos, violentos e terribles da sociedade.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

“Para a foto, puxéranlle nas mans un crucifixo de madeira, grande de máis, e recorda que non soportaba a cabeza ladeada que lle mandaba pór Moncho, o único fotógrafo profesional que había na vila.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.