fotomontaxe

Composición fotográfica que se realiza a partir da superposición ou, simplemente da unión de varias fotografías.

Etimoloxía

Esta voz resulta de combinar foto ‘fotografía’ e montaxe, do verbo montar, de orixe latina, que nos entrou desde o francés.

Exemplos *

“Artista e escritora, desenvolveu proxectos sobre a elaboración social do corpo e as identidades e sobre as formas de construción da memoria colectiva e persoal, a través do vídeo, a fotografía e a fotomontaxe.” (Galicia Hoxe 26-04-2009)

“... a fotomontaxe convértese tanto nunha ferramenta de introspección persoal como de activismo social, nun momento no que a paixón pola fusión entre a Arte e a Técnica era outra das particularidades definitorias da conxuntura social ...” (Vítor Vaqueiro: Sermos Galiza 02-11-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.