fraga

Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna.

Etimoloxía

Crese que se puido tomar dunha forma do latín hispánico fragum ‘lugar con penedos’ ou tamén ‘bouza’.

Exemplos *

“As sombras que se estiran polos prados ao caer a tarde teñen vida propia e fálannos dun tempo de xigantes e trasgos que sobrevive na fantasía dos homes e no corazón das fragas.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario)

“... non podía serlle indiferente o catálogo de coñecementos acumulados nos mosteiros polos boticarios, ou nas soidades das fragas por eses sabios misántropos que as xentes chaman meigos...” (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.