fumarola

Emisión de gases ou vapores a alta temperatura a través de gretas ou fisuras en terreo volcánico.

Etimoloxía

Deriva de fume, e este vén do latín fumus –i.

Exemplos *

“Arrimamos os corpos convalecentes a unha fumarola e enxergamos o horizonte negro debuxado de peixes, polbos e vermes con forma de dragón, caracol, candil, esponxas ou telescopios.” (Rosa Aneiros: A Nosa Terra 17-11-2010)

“O chan era arxiloso e amarelo, a zona bastante húmida e sombría e a temperatura extremadamente elevada, o que coidamos resultado das emanacións sulfurosas da fumarola.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.