Estrutura de paus ou táboas con canas, varas ou vimbios entretecidos, de forma xeralmente rectangular e de tamaño variable, que se coloca na cambota como soporte para curar ou secar chourizos, castañas etc.
Etimoloxía
Termo de orixe latina, concretamente, de fumarium, -i ‘lugar onde se expón algo ao fume’.
Exemplos *
“Unha vez afumádo-los chourizos, sácanse do fumeiro, e gárdanse; os de carne métense nunha vasixa de barro chea de aceite” (Xaquín Lorenzo Fernández: Etnografía: cultura material, 1962)
“En xaneiro lume na lareira e porco no fumeiro.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.