fuste

Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o chapitel.

Etimoloxía

A súa orixe está no latín fustis –is ‘pau, bastón’.

Exemplos *

“Esta foi erixida sobre a antiga igrexa conventual dos dominicos, que aparece precedida de agradable praciña cadrada, decorada cun esvelto cruceiro manuelino. No fuste presenta escenas da Paixón e alegorías dos Evanxelistas.” (Antón Pombo: O Correo Galego 28-10-2001)

“... unha figura apareceu no claustro alto, movéndose entre as lapas e o fume e asomando perigosamente o corpo case ó exterior polos intercolumnios, agarrado ós fustes.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.