gabán

Peza de vestir que se pon por riba dos outros vestidos para abrigarse

Etimoloxía

De orixe controvertida, discútese se vén do árabe qaba ‘manto’ ou do italiano gabbano, de igual significado.

Exemplos *

“E pasa un señor de chapeu rumboso sobre un gabán elegante, que xa non campa no mes que andamos, senón no inverno” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar, 2000)

“...a xente estaba embutida nos seus gabáns e nesas miradas de distancia, perdidas, esvarando entre os ecos da cidade.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.