gaceta

Publicación periódica que dá noticias dalgún tema ou ramo específico

Etimoloxía

O vocábulo procede dun italiano gazzetta, ‘folla voante de información’.

Exemplos *

“Unha morea de revistas, periódicos, gacetas literarias dábanse cita nos fumeantes cafés do momento.” (Carlos Fernández: O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega, 1988)

“Existe unha organización secreta e universal de ladróns de artigos que venden este botín a peristas da literatura, sinistros rapineiros que compran a baixo prezo para distribuír logo estes materiais a revistas e gacetas de cidades remotas.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.