ganduxo

Costura de puntadas longas feita nunha tea antes da costura definitiva.

Etimoloxía

Deriva de ganduxar, voz de que non se coñece a orixe.

Exemplos *

“Paseniño irían gañando valor ornamental e as artesás comezarían a recortar os parches con diferentes formatos e adornar os bordos con fíos e ganduxos en realce.” (Teresa Moure: Herba moura)

“... cortando panos e facendo ganduxos e, ademais, fóra da miña terra.” (Eduardo Blanco Amor: Xente ao lonxe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.